DIA DE INVERNO

miércoles, 9 de enero de 2008

VACACIONS DE NADAL


Ola a todos e a todas:

As vacacións de nadal non foron tan boas como esperaba a pesar de que aprobei todo. Case todos os días de vacións estiven na casa, excepto o día de noite boa e a da noite vella. Na noite boa estiven na casa dos meus avós paternos en Taboada e na noite vella estiven na casa dos meus outros avós, é decir, por parte da miña nai, en Loureiro, que queda cerca de onde vivo eu. A casa dos meus avós maternos é grande. Ten unha parte nova que arranxaron, a cociña e o comedor, e a parte vella, os dormitorios e o cuarto de baño. Nos cuartos e no corredor teñen o chan de madeira e no baño, na cociña máis no comedor teñen baldosa.

Este ano non tiven tantos regalos como o ano pasado, pero aínda así algo tiven.

A volta a clase non foi moi boa xa que me costumaei ás vacacións, a deitarme tarde, ver a tele , saír e a dormir toda a mañá . O primeiro día custoume moito levantarme porque tiña sono e ademais facía frío. Ao chegar a clase sentín a sensación de que non tiña ganas de que comezara e de que tiña sono. Agora terei que adaptarme outra vez a madrugar e vir as clases.

1 comentario:

@inoakp dijo...

Ola compañeira!!!
A foto está moi chula e a redacción tamén está ben. Espero que todos os desexos que se cumplan niste novo ano. Moita sorte. Un bico.