
Sabela era unha rapaza de 23 anos, alta, morena, pelo longo, cara ovalada, ollos verdes e nariz achatado. Vivía en Transilvania e tiña unha casa moi grande e antiga. A casa tiña unha cociña, un salón grande cunha mesa e ao lado tiña unha especie de sala con sofás. Tamén tiña tres baños, doce habitacións e un trasteiro onde gardaba cousas vellas.
Pola noite pasaban cousas raras. As ventás abríanse sen haber vento e as portas tamén. Sentíase ruídos que viñan do trasteiro. As luces apagábanse e acendíanse a partir das doce da noite ata que empezaba a ser día. Ao chegar o día todo quedaba tranquilo.
Un día pola noite ela decidiu enfrontarse a esta situación. Foi ata o trasteiro e abriu a porta. Quedou abraiada cando viu uns fantasmas andando por alí. Colleu e botouse a correr, pero os fantasmas seguírona ata atrapala.
Pasaron os días e os veciños estaban preocupados por que Sabela non daba sinais de vida. Chamaron á policía. Rexistraron a casa, pero non había rastro dela. Durante un ano seguiron coa investigación sen éxito.
Ninguén volveu saber nada dela, aquilo fora todo un misterio, porque ninguén se imaxina o que pasou realmente con ela.

