DIA DE INVERNO

miércoles, 21 de noviembre de 2007

QUÉROTE

Desde o meu punto de vista a charla sobre o sexo pareceume interesante, porque nos dan información sobre este tema. A maioria das cousas xa as sabía. Non era o primeiro ano que viñan.

Estas charlas están ben porque así nós aprendemos novas cousas. Explicáronnos o tema da sexualidade, sexuación, erótica e métodos anticonceptivos, para previr os embarazos e posibles enfermedades sexuais.

Pareceume interesante que falaramos dos métodos anticonceptivos e os seus riscos de non usalos, a pesar de que xa tiña algo de idea deste tema.

jueves, 15 de noviembre de 2007

ASÍ SON EU

Ola chamóme Ainhoa e teño 18 anos. Son alta e delgada, teño o cabelo longo e de cor castaño, cara redonda, as cellas mestas, os ollos de cor verde castaño, labios carnosos e teño a pel morena. O meu carácter é forte e salto con facilidade. Ao principio son algo tímida, pero cando collo confianza son divertida. Podo parecer un pouco sería ao principio, pero é todo o contrario, normalmente son unha rapaza alegre.
O meu signo zodiaco é leo.

Gústame ir o cine, andar de troula coas miñas amigas, oír música, furgar nos ordenadores, ir en bicicleta, ver a televisión, dormir polas mañás, cantar (aínda que eu non canto ben), facer novos amigos/as, escribir poemas, que me digan as verdades ...

Non me gusta madrugar, ter que facer as cousas da casa, ir o colexio, que me mintan...