DIA DE INVERNO

martes, 17 de junio de 2008

DESPEDIDA



Ola todos/as:

O curso xa está rematando. Este é o último ano que estou aquí. Xa tiña moitas ganas de acabar. Agora ao rematar este curso quero facer un ciclo. Non se sei se aprobarei todas, pero aprobei as pruebas de acceso.

Este ano pasóuseme volando. A verdade é que teño algo de medo ao que poida pasar agora, pero vou loitar para conseguir as miñas metas que son: aprobar o ciclo e atopar un traballo relacionado co ciclo que faga. O ciclo que máis probable faga sexa o de explotación de sistemas informáticos.

Ben espero que a vós tamén vos vaia ben, moita sorte.

jueves, 29 de mayo de 2008

A CASA MISTERIOSA



Sabela era unha rapaza de 23 anos, alta, morena, pelo longo, cara ovalada, ollos verdes e nariz achatado. Vivía en Transilvania e tiña unha casa moi grande e antiga. A casa tiña unha cociña, un salón grande cunha mesa e ao lado tiña unha especie de sala con sofás. Tamén tiña tres baños, doce habitacións e un trasteiro onde gardaba cousas vellas.
Pola noite pasaban cousas raras. As ventás abríanse sen haber vento e as portas tamén. Sentíase ruídos que viñan do trasteiro. As luces apagábanse e acendíanse a partir das doce da noite ata que empezaba a ser día. Ao chegar o día todo quedaba tranquilo.
Un día pola noite ela decidiu enfrontarse a esta situación. Foi ata o trasteiro e abriu a porta. Quedou abraiada cando viu uns fantasmas andando por alí. Colleu e botouse a correr, pero os fantasmas seguírona ata atrapala.
Pasaron os días e os veciños estaban preocupados por que Sabela non daba sinais de vida. Chamaron á policía. Rexistraron a casa, pero non había rastro dela. Durante un ano seguiron coa investigación sen éxito.
Ninguén volveu saber nada dela, aquilo fora todo un misterio, porque ninguén se imaxina o que pasou realmente con ela.

martes, 27 de mayo de 2008

SEMANA DA POESIA

O luns por a tarde tivemos que ir o salón de actos para ver unha exposición sobre a poesía que fixeron os de primeiro de BAC. Había varias xogos. O primeiro que fun trataba de ver un video e despois responder unhas preguntas relecionadas co que vimos nese video. O segundo trataba de relacionar unhas imaxes coas poesías, tamén había outro igual encima do escenario, pero con diferentes poesías e imaxes. O terceiro era só ver un video que fixeran eles sobre os accidentes e a descriminación escolar. Despois había un que non puiden participar, porque estaba cheo de xente, pero creo que iba de ver un video. Tamén había un de dardos e enriba do escenario había un de tocar a guitarra mediante un xogo para conseguir un diploma.

martes, 13 de mayo de 2008

RELATO CURTO


Unha muller chamada Sabela ía conduncindo pola estrada tranquilamente para ir para a súa casa, porque xa era de noite. De camiño a casa tivo que frear de golpe,porque se lle cruzou un cabalo.Por sorte puido frear a tempo. Baixou do coche para mirar se lle pasara algo ao coche ou ao animal.O coche estaba ben e o cabalo escapou correndo,era un cabalo salvaxe.
A continuación ela seguiu coa súa viaxe. Ao chegar á casa preparou unha tila, xa que estaba algo nerviosa polo susto que levou.

martes, 6 de mayo de 2008

COMENTARIO

PODEDES DEIXAR O COMENTARIO NESTA ENTRADA

martes, 22 de abril de 2008

MONOLOLOGO INTERIOR


Como será o examen de mañá? Será fácil? Non, non durmirei, porque teño que estudar. Mañá teño que madrugar para ir á universidade. Chegarei ás nove? Si, Si chegarei e farei o examen ben. Ó saír da universidade terei que ir comprar, ó chegar a casa teño que facer a comida e despois fregar.

Como farei para comer mañá? Terei que ir á tenda, cociñar e fregar. Darame tempo?, porque teño que estudar.

Debería comprar roupa pero, terei tempo pola semana? Non, non teño, porque teño que estudar. Irei o sábado se teño tempo.

martes, 25 de marzo de 2008

SEGUNDA AVALIACIÓN

Ola todos/as:
Para min a segunda avaliación foi moi curta, pero a pesar diso nesta evaliación aprendín cousas novas. As notas non foron tan boas coma na anterior, porque na anterior aprobei todo, pero na segunda quedoume unha.
Nesta seguinte avaliación vou intentar sacar a que me quedou e voume esforzar máis nas outras asignaturas, porque nesta avaliación xógome o curso e tamén o graduado escolar.
Resumindo que non foi tan boa como na primeira, pero agora voume esforzar máis para que as notas sexan mellores.