DIA DE INVERNO

martes, 19 de febrero de 2008

COMIC



Ola a todos e a todas:

A volta de vacacións fixemos un cómic, porque nos mandaron facelo.
A profesora fixo grupos de catro persoas. Despois cada grupo fixo o seu cómic.
No meu grupo primeiro fixemos a historia cos datos que nos deron e despois o guión. Despois buscamos as viñetas e os personaxes en internet nunha páxina que nos deu a profesora e despois imprimímola. A continuación puxemos os diálogos nas viñetas, pegámolas na cartolina e pintamos. O final fixemos un informe de como nos organizamos para facer o cómic.