DIA DE INVERNO

martes, 18 de diciembre de 2007



É alto e moreno. Ten pelo de cor castaño, as cellas mestas , ollos marróns , labios carnosos e a súa pel de cor morena .
Leva posto o uniforme de SAMUR : un xersei amarelo escuro , un chaleco amarelo máis claro e ten posto o símbolo de SAMUR e unhas letras que pon médico, patalón negro e unhas botas negras.

É unha persoa amable, divertida e simpática . O seu carácter é sociable , é dicir, fácil de tratar. Gústalle ser amigos dos seus amigos e levarse ben con eles.

miércoles, 5 de diciembre de 2007

A NOVA AULA

Ola a todos/as:


Hoxe a profesora mandoume facer unha redacción sobre a sensación que me causou a nova aula.
A primeira sensación que me deu é que esta clase non a coñecía e non é tan fría. Pareceume unha clase acolledora e alegre. Deume a sensación de que é máis grande ca outra , que hai os mesmos ordenadores e un olor a colonia.
Bueno xa acabei ata outra.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

QUÉROTE

Desde o meu punto de vista a charla sobre o sexo pareceume interesante, porque nos dan información sobre este tema. A maioria das cousas xa as sabía. Non era o primeiro ano que viñan.

Estas charlas están ben porque así nós aprendemos novas cousas. Explicáronnos o tema da sexualidade, sexuación, erótica e métodos anticonceptivos, para previr os embarazos e posibles enfermedades sexuais.

Pareceume interesante que falaramos dos métodos anticonceptivos e os seus riscos de non usalos, a pesar de que xa tiña algo de idea deste tema.

jueves, 15 de noviembre de 2007

ASÍ SON EU

Ola chamóme Ainhoa e teño 18 anos. Son alta e delgada, teño o cabelo longo e de cor castaño, cara redonda, as cellas mestas, os ollos de cor verde castaño, labios carnosos e teño a pel morena. O meu carácter é forte e salto con facilidade. Ao principio son algo tímida, pero cando collo confianza son divertida. Podo parecer un pouco sería ao principio, pero é todo o contrario, normalmente son unha rapaza alegre.
O meu signo zodiaco é leo.

Gústame ir o cine, andar de troula coas miñas amigas, oír música, furgar nos ordenadores, ir en bicicleta, ver a televisión, dormir polas mañás, cantar (aínda que eu non canto ben), facer novos amigos/as, escribir poemas, que me digan as verdades ...

Non me gusta madrugar, ter que facer as cousas da casa, ir o colexio, que me mintan...

miércoles, 24 de octubre de 2007

EN CLASE

Benvidos o meu blog. Este é un blog de clase de técnicas de expresión escrita onde publicarei cousas que me manden.Eu xa tiña outro blog, pero non me vale por que está en castelán.Máis adiante neste blog crearei un enlace para o outro blog que teño.